CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Comeza en Cangas o ciclo 'Cinemas Ocultos'

29/09/2017 16:30 h

Coma cada outono chega o ciclo Cinemas Ocultos, unha iniciativa do Cine Club de Cangas ata o 7 de outubro.

O programa inclúe o documental 'Esquece Monelos', de Ángeles Huerta; 'Decorado', de Alberto Vázquez, ou road movies atípicas e abertas á improvisación coma 'El Rayo', de Fran Araújo e Ernesto de Nova, ademais de películas que viaxan por estradas mentais, coma a delirante 'La Pazza Goia', de Paolo Virzi, ou itinerarios fílmicos e sentimentais, coma o de 'Querida Gina', da galega Susana Sotelo.

Todos títulos que enchen o programa de Cinemas Ocultos desde o Cine Club de Cangas, cunha programación trimestral na cal atopamos filmes imprescindibles coma 'O outro lado da esperanza', de Aki Kaurismaki, ou 'Estiu 1933', de Clara Simón. 



Atopar capítulo por: