Come a comarca
Final provincial de Lugo: Terra Chá vs. Terra de Lemos
17/02/2021 23:15 h
Antes de ver as cociñas botar fume, Fran Cañotas, presentador do espazo, meterase de cheo na cultura culinaria dos dous territorios. Así, no caso da Terra Chá, o gandeiro de A Pastoriza Antonio López amosará as bondades do seu rabaño de reses de Tenreira Galega.
Na Terra de Lemos, en Deade (Pantón), visitarase A Casa Da Fonte, unha explotación que comercializa derivados lácteos antepoñendo sempre o benestar animal e o pastoreo en liberdade. Despois chegará o momento máis agardado.
Os xefes de salgados e doces do programa, Gerson Iglesias e Manuel Garea, proporán o menú que terán que elaborar a contrareloxo os dous equipos para conquistar o padal dun xurado composto por 15 expertos gastronómicos.