Comando G
Programa 3
No terceiro capítulo de Comando G `Celebrity´, os 5 famosos protagonistas continúan competindo polo premio de 1.000 euros, que doarán a unha organización solidaria. Unha semana máis terán que superar un reto no que porán a proba as súas habilidades físicas e psicolóxicas. Xosé Manuel Piñeiro, Xosé Luís Blanco Campaña e a artista convidada, Natalia, serán esta noite os encargados de valorar as experiencias que os famosos tiveron que superar esta semana.
Ademais das súas actuacións musicais no escenario nas que versionan cancións moi coñecidas. Paloma Lago viaxa ata Cambados para vivir unha experiencia moi divertida nunha feira. Xunto a Rita `La Bonita´ e Rocío `La Faraona´, terá que demostrar a súa arte para vender e converterse nunha auténtica feiranta. Pola súa banda, Patricia Pérez terá que traballar como carniceira nun supermercado en Vigo. Un reto de gran dificultade para ela, xa que é vegana. O seu padriño, Hugo Piñeiro, tratará de amosarlle o oficio e de que colabore o máximo posible na xornada laboral. Trisha Fernández irá ata Pontevedra para formar parte do grupo ´Los Coleguitas´ e actuar con eles na rúa.
A presentadora da TVG terá so dúas horas para aprender o repertorio e cantar en directo no centro da cidade. En Vigo, Alberto Comesaña traballará como peixeiro no Mercado do Calvario. Loli será a encargada de amosarlle o oficio, co obxectivo de ter unha boa venda. E Lucía Rodríguez terá que enfrontarse ao seu medo a voar, realizando parapente co monitor Rafa Fernández na Serra de Larouco. A presentadora terá que poñer todo da súa parte para poder cumprir co reto. Un novo episodio cheo de emocións no que nada é o que parece. Donas e cabaleiros, comeza Comando G `Celebrity´!