CRTVG

Buscar

Estache bo!

Lomedro de porco asado e verza galega

25/06/2021 19:50 h

Ingredientes:

Para o lomedro: 2 lomedros de porco, 1 cebola grande, 1/2 cabeza de allos, 1 cenoria, 1 folla de loureiro, sal e pementa, 1 cervexa

Para a verza con patacas: 1 manda de verzas, 3 patacas, 2 dentes de allo, 1 noz de manteiga, 2 culleradiñas de especias picantes,  2 culleradiñas de vinagre de viño, 20 ml de nata, sal e pementa

Elaboración:

Un lomedro de porco asado con verza galega fáise do seguinte xeito. Na pota rápida rustrimos o lomedro coas verduras, cubrimos de auga e cocemos 30 minutos. Nunha tarteira cocemos as patacas con pel. Machucámolas formando un puré, mesturámolas coa manteiga, salpementamos e engadimos un chisco de nata. Reservamos. Pasamos o codillo e as verduras cocidas a unha bandexa, regamos con media cunca de cervexa e enfornamos durante 30 minutos a 220 graos. Nunha tixola friximos lixeiramente o dente de allo, incorporamos a verza en anacos e coa axuda de media cunca de auga para que xere vapor, cocemos a verza uns 25 minutos. Mesturamos as verzas co puré, colocamos enriba o codillo asado, salseamos coas verduras do forno trituradas, e listo para comer!!!

Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en Rairiz de Veiga, a Manuel, da explotación chamada Daiquí, quen nos falará do produto estrela de hoxe: a verza galega.

Atopar capítulo por: