CRTVG

Buscar

Estache bo!

Coca de salchichón e ovos de paspallás

10/06/2021 19:50 h

Ingredientes:

Salchichón 3 ovos de paspallás 1 pemento vermello asado 1 cebola en brunoise Para o paté de berenxena asada: 1 berenxena 2 dentes de allo Sal AOVE Comiño Perexil Sementes de sésamo Para a masa da coca: 1/2 kg de fariña de trigo peneirada 1 cunca de auga do tempo 1/2 cunca de aceite de xirasol 20 gr de lévedo Sal

Elaboración:Hoxe ceamos sen cubertos cunha “coca” del salchichón que imos preparar facendo unha masa con fariña, auga, sal, lévedo e aceite de xirasol. Deixamos levedar media hora e despois estirámola coas mans e enfornámola uns 5 minutos. Asamos no forno unha berenxena, un pemento e dous dentes de allo e reservamos. Nunha tixola rustrimos a cebola, incorporamos o pemento e o salchichón en anacos. A berenxena asada triturámola xunto co allo, o perexil e o comiño. Incorporamos as sementes de sésamo e corriximos de sal. Montamos a coca, enfornámola e listo para comer…!!!

Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en O Irixo, a Manuel, da carnicería Ferradás, quen nos falará do produto estrela de hoxe: o salchichón.

Atopar capítulo por: