Ribeiras
Coa serenidade da familia
Carmela López é unha peixeira singular que converteu a súa peixería nun soño, o de crear a vida dos seus co peixe fresco que vén do mar de Burela, onde montou o seu establecemento. Trátase dun exemplo de muller emprendedora, para quen os retos son unha fonte de enerxía e agora ten en marcha un proxecto de peixería online. É unha muller segura de si mesma, con moito empuxe fronte ás adversidades da vida.
En Mugardos, atopamos tres irmáns, Begoña, Juan e Luís Alonso, que forman unha familia moi mariñeira, xa que seguen a tradición familiar. O mar é toda a súa vida, senten moi intensamente as raíces e saben transmitir a paixón pola súa ribeira. Begoña é peixeira no mercado de Mugardos e Juan e Luís van xuntos ao mar no seu barco Novo Genoveva.