E agora que?
Programa 5: "Clases de pilates" no CEIP Campomaior (Ordes)
08/02/2015 20:30 h
Nesta ocasión, Diana Nogueira e os nenos acoden a clases de pilates. A monitora, ademais de ensinarlles unhas estrañas posturas, ten un problema de gases máis que evidente. Serán os máis pequenos capaces de dicirlle á profesora o que está a ocorrer? E que sucederá cando Diana e os nenos queden sós e descubran que sen querer picaron os balóns cos que teñen que facer os exercicios diante da monitora?