CRTVG

Buscar

E agora que?

Programa 8: "Clase de cociña" no CEIP Xosé Luís Taboada de Carballedo (Lugo)

01/03/2015 20:15 h

Os cativos acoden hoxe a unha clase de cociña dun chef italiano que vén acompañado pola súa mascota: un peixe amarelo. Diana Nogueira axiña se sente namorada do cociñeiro e este cóntalles a lenda dos espaguetes do amor. Din que as parellas os teñen que comer cada un por un estremo e se a pasta non racha é que a relación vai durar.

Cando Diana e o chef italiano comparten un espagueti, quedan pegados e os máis pequenos teñen que separalos. O cociñeiro vaise e Diana decátase de que puxo a ferver a auga do peixe. Advertirá o seu namorado que a mascota é agora laranxa?

Atopar capítulo por: