CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Clara Pino, Rayotaser, balance do Womex e Chemical Brothers

26/10/2016 21:00 h

“ZigZag Diario” ofrecerá unha entrevista con Clara Pino, cantante e intérprete de arpa celta, que acaba de presentar o seu disco “Nowhere”, unha homenaxe aos “non lugares” creado xunto ao contrabaixista Pablo Vidal.
O espazo da tvG2 tamén falará hoxe doutra estrea: o novo traballo do músico pontevedrés Álex Mera, “Tengo que pedir perdón”, primeiro EP á fronte de Rayotaser.
Santiago acaba de cederlle o testemuño do Womex á cidade polaca de Katowic, onde terá lugar a edición de 2017. “ZigZag Diario” fará hoxe balance do que deu de si a semana pasada o maior mercado internacional da worldmusic. Finalmente, no “Fondos Reservados” de Moncho Lemos haberá tempo para un grupo histórico que tocará en directo esta mesma semana en Compostela: os Chemical Brothers. O dúo formado por Tom Rowlands e Ed Simons converteuse desde os seus inicios nun dos referentes da música electrónica en directo. 

Atopar capítulo por: