Momentos G
Citas veloces para coñecer o amor das nosas vidas
01/02/2020 13:27 h
Chegou o momento, imos falar de amor nesta Revista, dese frechazo, de amor inmediato, rápido, que non quere dicir fugaz. Canto tempo pensan que é necesario para recoñecer o amor da súa vida? Seica tan só sete minutos, iso polo menos é o que propoñen as speed dating, o citas rápidas; unha moda que chega a Galicia da man de Jessica Galvís e Asier Vilar.