Momentos G
Ciclo de conferencias para coñecer a relación que existe entre arquitectura e saúde
06/09/2021 14:03 h
Santiago acolle un ciclo de conferencias sobre a arquitectura e a saúde en que se abordan aqueles aspectos non visibles das vivendas que teñen que ver coa saúde e co benestar. A neuroarquitectura, unha fusión entre neurociencia e arquitectura, trata de entender como o espazo afecta ao noso cerebro e polo tanto ás nosas emocións e comportamento. Afondamos neste tema co presidente do Colexio de Arquitectos de Santiago, Ángel Cid