Documental
A saga dos Lugrís
01/02/2017 22:45 h
Manuel Lugrís, “o vello Lugrís”, progresista e demócrata, impulsor e fundador da RAG e presidente dela na II República, é o autor de obras salientables da literatura galega coma os libros de poesía “Soidades” e “Noitegras” e tamén da “Gramática do idioma galego”, do ano 1922. Faleceu un ano despois da finalización da Guerra Civil, en medio da persecución galeguista e do drama de ver aos seus fillos loitar en bandos distintos. “A saga dos Lugrís” é unha peza documental que narra a vida deste persoeiro, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas no 2006, e o seu legado.