CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Celso Fernández Sanmartín, “s/t” e “Cando levanten as brétemas”,

21/03/2016 21:00 h

O 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía e o programa cultural da tvG2 “ZigZag Diario” non perderá a ocasión de festexar tal data. A meirande parte dos contidos do programa de hoxe xirarán en torno ao verso e as reportaxes e a entrevista estarán dedicadas aos poetas. 
O convidado no estudio de gravación será hoxe o poeta e narrador oral Celso Fernández Sanmartín, que virá falar dos seus últimos traballos no eido da poesía.
O programa tamén ofrecerá unha reportaxe sobre o libro de poesía “s/t”, de Emma Pedreira, premio Gonzalo López Abente. Este súmase a outra proposta sobre a traducción: “Cando levanten as brétemas”, unha das novelas máis importantes da literatura croata contemporánea, traducida directamente ao galego por Jairo Dorado Cadilla. 

Atopar capítulo por: