CRTVG

Buscar

Momentos G

Celebramos o Día Internacional das Mulleres Rurais

15/10/2019 13:55 h

O Día da Muller Rural conmemórase este 15 de outubro. Data para visibilizar o traballo no campo de milleiros de mulleres no mundo. O programa de hoxe está dedicado a elas, pero, ademais, axudounos a abrir o debate. Preferides a vida no campo ou na cidade?

As mulleres rurais representan máis dun terzo da poboación mundial e o 43% da man de obra agrícola. Son recoñecidas polo seu labor na produción de alimentos como agricultoras, gandeiras e comerciantes.

As institucións europeas decidiron instaurar este día xusto a xornada anterior ao Día da Alimentación, que mañá se conmemora. 

Dámoslle voz a unha muller do rural, Mari Carmen, da Asociación Oxaramago de Portomarín, e a unha muller urbanita, Rosina Landó.

Atopar capítulo por: