Zigzag diario
“Cela amarela cor carne interior: 5 casos de arte confesión” de Mónica Alonso e “A sombra engalanada” de Susana Loureda
10/05/2016 21:00 h
Como convidada ao estudio de gravación estará a artista Mónica Alonso, que vén falar do seu último traballo, “Cela amarela cor carne interior: 5 casos de arte confesión”, unha mostra que se pode visitar no Museo de Belas Artes da Coruña.
Outra exposición na Coruña é unha das propostas no bloque de reportaxes. O equipo do programa estivo gozando de “A sombra engalanada”, unha mostra onde se pode ver a proposta da deseñadora coruñesa de sombreiros Susana Loureda, fotografada polo prestixioso fotógrafo madrileño Alberto García-Alíx.