Os Bolechas no cole
CEIP Fingoi
18/07/2022 14:24 h
No colexio Fingoi estudou unha das poetas galegas máis destacadas dos últimos tempos: Xela Arias. E ata alí se achegou o seu fillo, Darío, para contarlles ás nenas e nenos unha chea de cousas sobre a súa nai. Tamén fixeron moitas actividades para coñecer mellor a súa obra, e van ensinarnos algunhas delas.