CRTVG

Buscar

Catedrais de Galicia

Catedral de Tui, o templo dos navegantes

31/01/2017 23:45 h

A Catedral de Tui sitúase no alto dun outeiro rochoso que domina a cidade e o curso do río Miño. Foi consagrada polo bispo Esteban Egea en 1225. Os antecedentes do templo catedralicio falan da ocupacióncontinuada desta Basílica cristiá desde a época dos Suevos (séculosV-VI), cunha posible sacralización pre-cristiá desde a época prerromana, segundo testemuñan os restos arqueolóxicos da zona. Vemos o comezo da xestación desta catedral con motivo da proclamación dos novos bispos, logo das invasións sarracenas e normandas do século X e XI. A partir do ano 1120, grazas aos privilexios e concesións das raíñas Urraca e Teresa de Portugal, comezan as obras da catedral tudense.

O programa analiza a planta románica de cruz latina; o patrocinio do rei don Fernando II, que fixo posible a culminación gótica das bóvedas da Nave maior; as similitudes do cruceiro co modelo seguido en Santiago de Compostela; o marcado carácter gótico da Portada occidental e o considerado primeir conxunto escultórico gótico da Península Ibérica da Portada principal representando a Moisés, Isaías, San Pedro e San Xoán Bautista, o profeta Daniel, Santo André, a raíña Berenguela e o rei don Alfonso IX; a capela do Santísimo, onde está enterrado o bispo don Juan Fernández do Soutomaior, quen auspiciaría a construción da Capela baixo a cal se atopa; e o espectacular Retablo da Expectación.

Escoitamos como soan os órganos barroco, coas as súas decoracións excéntricas. E finalmenteo o programa revisa o Coro co seu cadeirado dedicado a santos galegos (San Rosendo, Santa Liberata, Santa Mariña de Augas Santas, etc.); a curiosa representación de Santiago Matamouros na Capela de Santiago;  agran beleza e harmonía do Claustro do século XIII; e o MuseoCatedralicio, o máis rico de Galicia despois do da catedral compostelá. E un último detalle, destácase o perfil torreado e almeado da Catedral, o que lle confire unha imaxe guerreira que non pasa desapercibida ante a mirada dos peregrinos.

Atopar capítulo por: