CRTVG

Buscar

Especial

Caso Diana Quer. 500 días

30/05/2018 22:20 h

O 31 de decembro de 2017 logrouse dar co corpo de Diana Quer e esta hermética operación pechouse cunha conferencia de prensa xa histórica en que por fin os datos saían á luz. Remataban así 500 días trepidantes que merecían ser contados. Por iso, a TVG ofrece esta noite “O caso Diana Quer. 500 días”, unha docuficción, producida por Agallas Films, que mestura entrevistas e un minucioso traballo xornalístico con secuencias de ficción sobre a investigación do caso.
Dirixido por Paula Cons, “O caso Diana Quer” fala con xornalistas, coa Policía Local de Rianxo, cos rapaces que axudaron a vítima de Boiro, cun enxeñeiro en reconstrución de accidentes e cun catedrático en psicoloxía criminal para construír un relato xornalístico minucioso. 

Atopar capítulo por: