CRTVG

Buscar

Casamos!

Mónica e Julio

28/02/2023 22:30 h

A historia de amor de Mónica e Julio nace nunha festa por un amigo en común. El tiña parella, pero namorou dela nada máis vela e, aínda que nun primeiro momento ela non amosaba interese, pouco a pouco Julio foina conquistando. A familia de Julio non viu con bos ollos que el deixara a súa casa en Portugal para vivir con ela en Ponteareas.

Así e todo, a parella seguiu adiante co seu romance. A voda non tardou en chegar e agora, despois de doce anos xuntos, volven casar nunha cerimonia na que a emoción é a protagonista.

Atopar capítulo por: