Casamos!
Vanessa e Yallo
07/02/2023 23:00 h
A historia de amor de Vanessa e Yallo comezou hai vinte anos. Eles coñecéronse por teren familiares en común e, a pesares de que os dous estaban casados, non puideron frear a atracción que sentían o un polo outro. Comezaron unha relación coas familias en contra, ao que se lle sumou a paternidade repentina de Yallo. A parella evolucionou co paso dos anos e decidiron casar de diferentes maneiras e por distintos ritos. Agora van pola súa sexta voda.