CRTVG

Buscar

Casamos!

Elena e Luís

06/12/2022 23:00 h

O traballo uniu os camiños e as vidas de Elena e Luís, dous mozos das Pontes. Pronto xurdiu a química entre eles e, de seren compañeiros, pasaron a ser algo máis. Luís estaba inmerso nun proceso de separación da súa ex parella e Elena axudouno nese camiño que non foi nada doado.

Entre confidencias e confesións chegou o primeiro bico e tras uns meses vivindo o seu amor en segredo decidiron facer pública a súa relación. Xa dende o comezo a parella tivo que facer fronte ás faladurías. Pasárono moi mal pero souberon seguir xuntos e agora, tras 6 anos de relación, daranse o si quero nunha voda por todo o alto.

Atopar capítulo por: