CRTVG

Buscar

Casamos!

Nuria e Lorenzo

15/11/2022 23:00 h

A historia de amor de Nuria e Lorenzo comezou hai case dous anos. A parella coñeceuse grazas á filla dela, e o que comezou como unha amizade a escondidas, xa que Nuria estaba casada, pronto se converteu en algo máis. Cando o exmarido de Nuria soubo desta amizade decidiu pedirlle o divorcio e foi nese momento cando a parella xa non tivo ningunha atadura para deixar ver os seus verdadeiros sentimentos. Agora están a piques de darse o si quero nunha voda civil no Porriño rodeados da súa familia e amigos.

Atopar capítulo por: