CRTVG

Buscar

Casamos!

Carmen e Miguel

27/07/2021 22:30 h

A historia de Carmen e Miguel é unha desas historias que fan crer no amor. Coñecéronse sendo moi noviños e grazas a amigos en común, pero as primeiras impresións de ambos non foron boas. Ningún era o prototipo do outro. Ata que Cupido fixo das súas e esa apatía inicial se converteu en amizade e máis tarde en amor. Nin as terceiras persoas nin a distancia que, por veces, os separaba foron quen de romper esa unión entre os dous. Agora, despois de 18 anos de relación e de ter que aprazar a voda dúas veces pola pandemia do Covid-19 Carmen e Miguel deciden casar nun evento que promete ser diferente, orixinal e moi divertido!

Atopar capítulo por: