CRTVG

Buscar

Casamos!

Chelo e Abraham

14/09/2021 23:00 h

Chelo e Abraham coñécense dende a infancia. Os dous veciños do barrio de Coia, en Vigo, xogaban xuntos de cativos. Ao ir medrando os seus camiños separáronse pero 15 anos despois o destino quixo que volvesen coincidir nun bar. Dende aquela Abraham comezou a conquista de Chelo, que por aquel entón ía casar con outro home. O amor triunfou, Chelo rompeu a súa relación e xunto a Abraham comezaron na Cañiza un camiño que xa case dura 25 anos. Chelo e Abraham casaron hai 3 anos nunha voda que non foi o que soñaran. Agora queren volver renovar os votos nunha celebración da que sí poidan gozar ao máximo e que sexa a voda dos seus soños. Só lles fai falta a súa xente máis achegada e Sanxenxo, a vila que foi testemuña de case media vida xuntos. Esta voda sí que vai ser unha voda ao seu gusto e á que, por suposto, estades todos convidados!!

Atopar capítulo por: