CRTVG

Buscar

Casamos!

Lorena e Anxo

31/08/2021 22:30 h

O de Lorena e Anxo é un deses amores de película, un deses amores que se cociña a lume lento e con moito mimo. Anxo quedou cativado de Lorena dende o minuto un, cando a coñeceu no pub no que ambos traballaban, pero ela nin cría no amor nin tiña interese no seu compañeiro. Tras meses de conquista, o vigués foise gañando o corazón da súa amada e comezaron unha relación marabillosa. A felicidade de Anxo era tal que decidiu tirarse á piscina e pedirlle matrimonio no Luar, baixo a atenta mirada de todos os telespectadores da Televisión de Galicia. Tras dous anos de relación deciden casar nunha gran voda que non vai deixar indiferente a ninguén.

Atopar capítulo por: