CRTVG

Buscar

Casamos!

Rosana e Coya

19/07/2012 22:15 h

Para a xente que confía en que pase o que pase o amor é capaz de triunfar por riba de todas as dificultades e atrancos, o programa que segue as vodas achéganos unha nova historia de sentimentos, emocións e superación: a de Rosana e Coya, con todos os ingredientes románticos, sorpresas e imprevistos que poidamos imaxinar. A parella desta semana vainos amosar que, a pesar da ansiedade que motivan as circunstancias, é capaz de remontar a tensión do momento.

   Saberemos en que consiste a historia de amor de Rosana e Coya, que ten “denominación de orixe”, pois son do Salnés e do Morrazo; como é a súa relación despois de estar xuntos toda unha década, traballando como hostaleiros e residentes en Pontevedra. Como Coya lle quere dar a Rosana a voda dos seus soños, con castelo incluído, ambos teñen a idea de organizar algo propio e orixinal, coidando ao máximo todos os detalles. Os preparativos intercálanse nas xornadas de traballo da parella e nos seus axustados horarios, tanto, que a tan desexada lúa de mel podería estar en perigo.
   
   O programa, unha clara aposta por rescatar e facer visibles historias reais de superación, destaca o triunfo do amor por riba das dificultades, tamén en tempos de crise, e pretende ser un retrato coral do universo dos casamentos en Galicia, potenciando os factores emocionais.

Atopar capítulo por: