Casamos!
Sonia e Gonzalo
24/01/2023 23:15 h
Unha aplicación de contactos uniu os destinos de Sonia e Gonzalo, unha do Porriño e outro de Burela. Despois de varias semanas falando polo móbil coñecéronse en persoa e a conexión foi inmediata. Foi tal o frechazo que a parella empezou a vivir xunta en Burela e agora, despois de ano e medio de relación, van casar nunha ceremonia civil e familiar.