CRTVG

Buscar

Casamos!

Vanessa e Brais

22/11/2022 23:15 h

Un simple malentendido foi a excusa perfecta para que os camiños de Vanessa e Brais se xuntaran hai xa 4 anos en Viveiro. Dende o inicio, os dous comezaron unha relación de amizade que non tardou moito tempo en converterse en algo máis.

Vanessa, que chegaba de Colombia á nosa terra soa e sen apoios atopou en Brais un verdadeiro compañeiro co que construíu un fogar para eles e os seus fillos. Agora, e tras catro pedidas de man, chegou o momento de festexar o seu amor e darse o si quero nunha voda divertida, chea de sorpresas e moi emocionante!

Atopar capítulo por: