CRTVG

Buscar

Casamos!

María Eugenia e Miguel

13/07/2021 22:30 h

O amor de María Eugenia e Miguel comezou dunha forma un tanto peculiar, pois Miguel tentou conquistar á que a día de hoxe é súa cuñada! Ela non lle fixo caso pero faloulle de súa irmá María Eugenia, unha boa muller que estaba en Colombia, o seu país natal, e que desexaba vir para Galicia e atopar aquí un mozo. Miguel non o pensou dúas veces, chamouna por teléfono e ofreceulle traballo no seu bar. O que comezou sendo unha relación profesional converteuse nunha consolidada relación que xa dura 20 anos! A súa primeira voda foi un tanto apurada, nos xulgados de Noia e co posto. Por iso agora, 20 anos despois, María Eugenia e Miguel queren volver festexar o seu amor cos seus achegados nunha voda íntima pero chea de alegría e ritmo latino!

Atopar capítulo por: