CRTVG

Buscar

Casamos!

Yeni e Ángel

23/03/2021 22:30 h

A cultura popular di que a música e as flores chaman aos amores. Un refrán que ben se podería aplicar á historia de amor de Yeni e Ángel. Os dous músicos, ela de Cuba e el de Cádiz, chegaron a Galicia cunha oferta laboral nunha orquestra. Comezaron unha intensa amizade que pouco a pouco se convertiría nunha historia de amor. Lonxe dos seus familiares e pasando unha mala situación profesional sen actuacións co seu dúo por mor da Covid, aproveitan a ocasión para casar e así ter tempo para organizar a voda dos seus soños. 

Atopar capítulo por: