CRTVG

Buscar

Estache bo!

Carré de cabrito con patacas confeitadas

07/10/2021 19:50 h

Ingredientes:

1 carré de cabrito 4 patacas medianas

Para o adobo de cabrito: - Aceite de oliva - 2 culleradas de pedro ximénez - 2 culleradas de mostaza - 2 culleradas de vinagre - 2 dentes de allo - 1 cullerada de azucre moreno - Sal e pementa - 1/2 cunca de auga

Para confeitar as patacas: - Aceite para cubrir as patacas - 1 atado de espárragos verdes - 1 rama de ourego - 1 rama de romeu - 5 dentes de allo - 3 tomates secos

Elaboración: O cabrito de hoxe baixou do monte para meterse nunha tarteira. Nunha tixola con aceite de oliva marcamos ben o carré. Nun cazo, cheo de aceite de oliva virxe extra, cocemos a pataca, os espárragos, os allos e os tomates cun atado de herbas frescas. Nun cunco mesturamos os ingredientes do adobo, pintamos o cabrito e metémolo no forno a 200 graos durante 20 minutos. Desglasamos o resultando da fonte do forno cun chisco de auga. Salseamos o cabrito, empratamos coas patacas e listo para comer…!!!

Atopar capítulo por: