Zigzag diario
Carmen Penim, The rebel, 091 e exposición "Galicia imaxinada"
O grupo 2naFronteira, composto por Carmen Penín e Maurizio Polsinelli, veñen de sacar un novo traballo ao mercado e é por iso que hoxe o espazo cultural da tvG2 “ZigZag Diario” contará coa presenza de Penín para que comente un pouco máis polo miúdo este novo traballo.
Outro grupo galego que está tamén de estrea son os famosos Trebutalina, que xa acumulan milleiros de reproducións na plataforma YouTube de todos os seus vídeos musicais. O pasado catro de novembro estrearon o seu último traballo “Sudar Sangre”, e hoxe no “Zig Zag Diario” fan unha reportaxe sobre este novo vídeo.
Seguidamente, as artes escénicas mesturaranse coa música e cinema na ópera rock titulada “The Rebel”. Un espectáculo no que se pretende poñer un gran de area ao centenario do Alzamento de Pascua. A cidade de Ourense é a encargada de acoller a estrea deste traballo, pero no “ZigZag Diario” daranse a coñecer un pouco máis.
E finalmente o xornalista Moncho Lemos falará da volta do grupo 091.