Zigzag diario
Carlos Seoane, Hakon Bleken e Román Montesinos
14/06/2016 21:00 h
“ZigZag Diario” contará hoxe coa presenza no estudio de gravación do arquitecto Carlos Seoane, gañador do Premio FAD de Arquitectura, na categoría de cidade e paisaxe, polo miradoiro da Pedra da Rá, en Ribeira.
O espazo da tvG2 ofrecerá tamén unha reportaxe sobre a exposición no MAC da Coruña do pintor Hakon Bleken, figura indispensable da arte norueguesa. Con esta mostra amosa por primeira vez en España a súa obra.
Os espectadores verán tamén unha mostra do traballo do fotógrafo Román Montesinos, cuxa exposición “Non lle busques tres pés ao gato” se pode ver no Mosteiro de San Clodio, en Ourense.