CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Carlos Ares, “Contrafaces” e “Saucer Like”

07/01/2016 21:00 h

O guionista Carlos Ares foi elixido o pasado mes de maio presidente da Academia Galega do Audiovisual e hoxe no “ZigZag Diario” contarán coa súa presenza para falar, entre outros temas, sobre a súa traxectoria, a situación do audiovisual galego ou a vindeira edición dos premios Mestre Mateo.
O programa cultural da tvG2 ten tamén preparada unha reportaxe sobre o “antidocumental” rodado en Vigo, Islandia e Canadá, “Contrafaces”, unha peza que pretende amosar como as linguas constrúen as identidades individuais e colectivas, entre outros temas. 
Finalmente, “Zigzag Diario” tamén falará do videoxogo “Saucer Like”, editado pola editorial viguesa Fosfatina e que conta coa banda sonora de Xavier Núñez.

Atopar capítulo por: