Zigzag diario
Carla Simón, Festival Novos Cinemas de Pontevedra e "Trote"
29/06/2017 21:00 h
O programa “ZigZag Diario” contará hoxe coa presenza da nova cineasta Carla Simón, gañadora de dous premios na Berlinale por “Estiu 1993”, que hoxe presenta na Sala Numax de Santiago, ademais de participar no Festival Novos Cinemas de Pontevedra.
O espazo da tvG2 tamén falará do Festival Novos Cinemas de Pontevedra, unha cita cos realizadores máis novos e con figuras xa consagradas, que se prolongará ata o domingo coa proxección de máis de 40 películas producidas nunha decena de países.
“ZigZag Diario” ofrecerá unha reportaxe da rodaxe de “Trote”, a ópera prima de Xacio Baño, que conta no elenco con María Vázquez, Diego Anido, Celso Bugallo e Tamara Canosa, entre outros.