CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Carla Andrade, "Rapa das bestas" e XIII Play-Doc

30/03/2017 21:00 h

Esta noite, a realizadora galega Carla Andrade visita o estudio do “ZigZag Diario” para falar da curtametraxe “Sibila”, en que lle pon imaxe ao relato de Álvaro Cunqueiro “El Caballero”. Gravada en setembro de 2016 durante o encontro de cineastas galegos Chanfainalab, en San Sadurniño, a produción estreouse en liña o pasado 17 de marzo e  está inmersa nun periplo por festivais nacionais e internacionais. Ademais, o programa recollerá o eco do festival de cine documental Play Doc de Tui, con especial atención á curtametraxe “Rapa das Bestas”, da directora Jaione Camborda, que se proxectou na sección “Carta Blanca”. O espazo emitirá tamén unha reportaxe en que fará balance da décimo terceira edición desta cita cultural, que encheu as salas da Área Panorámica de Tui a pasada semana.   

Atopar capítulo por: