CRTVG

Buscar

Ribeiras de salitre

Cariño, homes e mulleres de pedra salgada

30/06/2019 15:45 h

O percebe é un dos produtos máis representativos de Cariño, que se extrae en cantís e rochas imposibles, como os Aguillóns de Cabo Ortegal. Pero tamén a pesca de baixura é moi importante, cunha gran variedade de artes, e marisqueo a pé. A Confraría conta con 95 socios. A lancha de salvamento marítimo Salvamar Shaula ten base en Cariño é un dos seus patróns é Javier Breijo. Rocío Lozano cose as redes para que podan saír ao mar os barcos de Cariño. Manuel Fontenla é peixeiro e con el imos coñecer como se fan os berberechos ao estilo de Cariño. A música soará nas voces das cantareiras de San Xiao de Trebo. Con Santiago Cuevas falaremos da importancia da pesca de baixura. Ana Vazquez vai lembrar a súa vida nunhas das conserveiras deste Porto. E da súa experiencia percebeira e tamén pesqueira imos falar con Juan Carlos Pardo.

Atopar capítulo por: