CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Carballo InterPlay / "La luz" / AELG / Rosalía Fernández Rial

28/04/2014 21:00 h

O programa “ZigZag Diario” terá hoxe como convidada a poeta carballesa Rosalía Fernández Rial, que falará do seu novo libro, “Ningún amante sabe conducir”, un poemario en que tamén hai espazo para a prosa e o teatro. A reivindicación do colectivo, dos sentidos, da vida, fronte á velocidade que nos impide vivila son algunhas das claves dunha obra que contén poemas eróticos que se confunden nos derrapes accidentais da estrada.

O espazo da tvG2 tamén se achegará ao novo cómic do ilustrador coruñés Antonio Seijas, que con “La Luz” fascina cunha serie de historias en que a cor é tan importante como o que contan os personaxes. Resultado dun duro e longo proceso creativo, a historia transcorre durante un reencontro familiar aos pés dun faro e nela cobra importancia unhas enigmáticas cartas de tarot.

Ademais, “ZigZag Diario” interesarase polos Premios da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), cuxa décimo quinta edición, que conta con 27 obras finalistas, se celebrará o vindeiro 3 de maio no Teatro Principal de Pontevedra, na  coñecida como Gala das Letras. O programa centrarase hoxe nas candidatas á mellor tradución, que son o “Ulises”, de James Joyce; “Desgastei cadeas estrañándote”, de Ahmed Arif, e “Viaxe ao futuro. Relatos de ciencia ficción”, de Alejandro Tobar.

Atopar capítulo por: