Luci
Capítulo 16: Hipoteca
Luci decide darse un capricho e comprar un vestido moi bonito que viu nunha tenda, pero cando vai pagar a tarxeta de crédito non llo permite.
Morta de vergoña, sae da tenda disparada cara ao banco, onde descobre que ten a conta sen cartos, xa que lle cobraron unha taxación por unha hipoteca da que non sabe nada. Despois de berrarlle a un empregado, lévana ao despacho de Benito (Víctor Fábregas), o director, un caradura que intenta enleala falándolle mal da súa muller no canto de intentar arranxar o seu problema.
Cando por fin consegue sacarlle a información ao director, descobre que a orixe do cobro é a hipoteca dunha casa que Berto está en proceso de mercar. Luci e el teñen matrimonio en gananciais e, aínda que viven separados, seguen casados, así que, para poder comprar a casa, Berto necesita a sinatura de Luci.