Serramoura
Capítulo 99: Un conto de medo
03/01/2018 22:15 h
Tras o intento frustrado de Santos de queimar a vila enteira, a tranquilidade segue esta semana sen volver á serie “Serramoura” e é que Hugo e Román levan 24 horas desaparecidos.
Quique e Sabela lévanse cada día mellor e a súa relación vai vento en popa. Pero Serramoura é unha vila pequena e as novas non tardan es espallarse entre os veciños. O problema é que Teresa descubriu da incipiente relación e non dubidará en utilizar a información que posúe en contra da parella.