Libro de familia
Capítulo 93: A muxidora
María está máis contenta con Marcos, de feito suborna a Pabliño para que os deixe sós na casa. Ela pretende quedar en Santalla, pero don Román aconsella a seu fillo, que é mellor que estean un tempo separados para non agoniarse.
María e Deli seguen falando de relacións íntimas, Deli confesa que todavía é virxe.
Unha conversa entre Pabliño e Elías sobre as ubres das vacas acaba derivando acerca da conveniencia ou non da utilización das modernas ordeñadoras. Don Venancio, trae a nova de que hai unha fantástica ordeñadora de segunda man no pobo veciño. Tentarán convencer a Manuel para que se faga con ela.
Elías chega mesmo a mancar a Cosme, para que non poida ordeñar e venderlle a Manuel a ordeñadora de segunda man como si fora nova. Manuel quere probala e pídelle a Elías e ó cura que a poñan a funcionar. A picaresca destes dous é semellante a súa inutilidade, non son capaces de poñelo a funcionar e Manuel obrígaos a muxir as vacas como poidan.
Román non pensa firmar o contrato da celulosa con Lupe. Esta acaba sendo detida.
Deli séntese moi preto de Freire. Bícanse, déixanse levar e a xove esperta o día seguinte ó carón deste. Faille cóxegas e alumiños, pero o indián non esperta.