Fontealba
Capítulo 92
31/01/2017 15:45 h
A noticia de que Luís está no hospital por doar parte do seu fígado a Lola afecta moito a Amalia, e faina desconfiar o feito de que Lola llo ocultase ata agora. As cousas entre Aurora e Roberto ténsanse pola custodia de Mati. Ela insiste que a acepte para deixar de pasarlle a pensión a Lourdes, quen está desfeita pola situación. No hospital, o enfermeiro decátase de que o novo paciente é igualiño ao falecido Luís Douro.