Libro de familia
Capítulo 91: Bula Papal
Elías atopa no medio do monte a dúas monxas nunha comprometedora situación. Trátase da Madre Superiora do convento de Deli e Engracia, outra monxa nova, que chegan a Santalla. Don Venancio preocúpase pois non quere que se saiba que dúas monxas de clausura andan soltas polo pobo. Fai que se vistan de seglares; os Cabanas que están ó tanto da situación, préstanlles roupa. Deli non quere falar coa Madre Superiora, e refúxiase na excusa da enfermidadede Freire a quen coida xunto con Iris.
Engracia, está feliz de seglar e tenta reconducir a Elías polo bó camiño. O taxista déixase ir, sen sospeitar que a nova é a monxa que sorprendera no monte en compromotedora situación. Facendo exercicios espirituais no campo, acaban bicándose. A Madre Superiora decide que é mellor marchar polo que poda pasar e despídese de Deli para sempre.
A relación entre María e Marcos, non pasa polo seu mellor momento. Lupe séntese traizoada por don Román, seu nome non figura nos contratos coa celulosa. Ameázao e don Román ordena a Álvaro que a persiga cunha escopeta para asustala. Lupe saca unha pistola e ameaza a Álvaro, sendo observados por Senén que seguía ordes de Román, para garantizarse unha testemuña para seus futuros plans.