CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 9: Sentimentos

10/04/2005 22:00 h

Freire é inculpado polo contrabando de tabaco. A Garda Civil reteno en presenza de tódolos seus veciños. Román síntese máis que satisfeito ó ver ó seu peor inimigo, lonxe de tódolos seus plans.

Na casa de Freire, Telmo intenta axudar a Adela telefonando a un bó avogado. Ésta, temerosa pola incerteza que de súpeto axexa o seu futuro, acusa a Segundo pola desgraza de seu pai e por ter implicado no feito a Manuel.

Á casa dos Cabana chega Mercedes, nai de Deli e Sara, co propósito de axudar nas tarefas domésticas impoñendo a sua orde e creando incomodidade entre os membros da familia.

A pesar do mal momento polo que atravesa Adela, pídelle a Telmo que a acompañe ó cine. Pola súa banda, Laura tamén acode a Telmo para suxerirlle unha proposta moi tentadora, poñéndolle nunha disxuntiva.

Atopar capítulo por: