CRTVG

Buscar

Luci

Capítulo 9: Segundas oportunidades

22/06/2014 22:00 h

Berto aparece por sorpresa, de noite e empapado, na casa da protagonista. Semella estar nun mal momento e pídelle se pode quedar a dormir esa noite. Luci sospeita que algo lle pasou con Mon, pero el non conta nada.

Á mañá seguinte, Hadri sorpréndese de que estea o seu pai almorzando con eles e Luci trata de convencelo de que non pasou nada e de que Berto marchará axiña da súa casa. Pero esa noite leva a outra e a outra e Luci comeza a mosquearse. Cando está decidida a botalo, Berto dille que quere volver con ela.

Luci non pode crelo e, aínda que comeza dicindo que non, o certo é que algo lle debeu remexer por dentro, xa que non o bota da casa. Pouco a pouco, Berto, Luci e Hadrián volven vivir en familia: noites de pizza e película, agasallos inesperados... ata que unha desas noites, vendo unha película de terror das que tanto lle gustan a Luci, comezan a bicarse e rematan durmindo xuntos.

Á mañá seguinte, as miradas de complicidade mestúranse coa insistencia de Hadri en saber se volven estar xuntos, algo que Luci non lle nega. Pero, cando todo parecía ir ben, Mon queda con Berto para tomar un café porque quere reconciliarse con el despois de botalo da casa. 

Atopar capítulo por: