Urxencia cero
Capítulo 9
Coñecemos a historia de Chus, unha paciente en lista de espera para un transplante dun fígado. Un recoñecemento rutineiro fará que Pili comece a sospeitar que a súa paciente está a ser vítima de malos tratos. Para conseguir que Chus o denuncie, Pili contará coa axuda da doutora Muíños.
Pola súa parte, o persoal do Francisco Balmis goza dunha ineludible cita anual co deporte. Todos os anos, unha asociación de pacientes organiza un partido benéfico, coa asistencia dos cirurxiáns do Balmis. Durante o xogo, Losada e Lois serán protagonistas dun enfrontamento que quedará en nada cando un dos asistentes sufra unha parada.
Xa no hospital, o diagnóstico ao que foi o primeiro paciente de Losada desvelará que se está producindo un rexeitamento. O paciente necesita un novo transplante, pero hai varios factores que xogan na súa contra. Ademais, as probas ás que será sometido destaparán certas circunstancias que Paco, de maneira interesada, mantén en segredo.