CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Capítulo 86

01/05/2017 22:00 h

As eleccións á presidencia da Asociación de Empresarios volven poñer fronte a fronte a Emilio e Carlos en “Pazo de Familia”. Á vista dos apoios que está a conseguir o primoxénito dos Pardo-Veiga, Carlos non dubida en radicalizar a súa campaña. Emilio, pola súa parte, coñece unha familia de viñateiros que lle devolverá a ilusión que perdera desde a súa marcha do pazo.
Amancio e Sara intentan conseguir o préstamo bancario para mercar o hotel. Sara está disposta en deixar nese proxecto todos os seus aforros, e ata Cosme pon como aval as súas leiras de Santalla.  No capítulo de hoxe, verase se Amancio está á altura das circunstancias. 
Outra das intrigas xira arredor de Martiño, quen se empeña en demostrar que está capacitado para facer as mesmas tarefas que levan a cabo as mulleres do pazo. El non dubida en apostar que si, e incluso se viste de muller; pero non conta con que terá que sufrir o acoso dun Tomaso que, en vez dun Martiño, pensa que está diante dunha atractiva Carmiña.

Atopar capítulo por: