CRTVG

Buscar

Matalobos

Capítulo 86: "30 millóns de euros"

08/01/2013 22:45 h

Despois de que a operación da Garda Civil no porto rematara cun morto e vinte quilos incautados, Seijas non ten moito interese no ocorrido, pero cando recoñece nas fotografías a Tomé, o antigo xefe de Vanesa, a tenente darase de conta de que ten algo grande entre as mans e saberá que terá que orientar a investigación cara a viúva de Mateo Veloso, Vanesa.

Pero Seijas non será a única que teña unha revelación inesperada. Tamén Vargas recibira un paquete dirixido a Camila e que podería probar a implicación de Garrido na morte da súa propia filla. O xornalista compartirá este achado con Seijas, quen deberá convencer a fiscal Mosteiro para que lle axude a sacarlle partido a esta información. Pero hai algo que xa ten aprendido: se vai ir contra Garrido, deberán medir ben os seus movementos.

Por outra parte, Vanesa e Antón non tardan demasiado en descubrir que Carmelo coñece a súa traición. Vanesa sabe que debe fuxir, pero non pensa en facelo coas mans baleiras. Pero, se hai algo que todo o mundo sabe en Sardiñeira é que se traizoas a Carmelo prepárate para correr ou acabarás pagándoo.

Atopar capítulo por: