Pazo de Familia
Capítulo 84
17/04/2017 22:00 h
Tras a forte discusión con Claudia, Rita vese forzada a marchar da casa familiar e non dubida en volver ao piso de Daniel, pero este non está disposto a perdoarlle ao terlle dado unha oportunidade a Nino logo de rematar a relación entre eles.
Pola súa banda, Carlos intenta sacarlle os trapos sucios a unha empresaria cuxo voto precisa para facerse presidente da asociación patronal.