Libro de familia
Capítulo 82: A sancristana
O vello sacristán morre e Elías obsesiónase con ocupar o seu posto. Dona Elvira pola súa parte, pensa que a persoa idónea é o seu sobriño Milucho, por algo estudiara no seminario.
Don Venancio, carga de traballo a Elías para que desista da súa idea, o crego ten in mente a candidata ideal, Deli. Cando dona Elvira se entera monta en cólera e non dubida en criticar aberta e cínicamente á xove novicia ante a súa irmá Sara.
Manuel e Freire, sospeitan que don Román anda en tratos con Lupe para o asunto da merca dos montes. Senén confírmalles as sospeitas e facilítalles os permisos para reabrilo almacén. O alcalde, inventa unha normativa referente á obligatoriedade de manter limpos os montes para presionar ós veciños a vender as súas terras.
A espelida María, coa axuda de Senén, descubre o engano. Cando Lupe se decata, que andiveran nos seus papeis, presiona a Román para acelere o proceso canto antes. O alcalde chama o gobernador para que axilice os trámites da parcelaria.
Unha inocente nota para unha cita, cambia de mans e dúas parellas daranse cita nun lugar con diferentes expectativas. Marcos e María, Deli e Freire.